12 de mayo de 2011

VI ENCONTRO COA ARTE EN BRIÓN

O concello de Brión, durante as datas 3,4 e 5 de xuño do 2011, realiza a sexta edición do Encontro coa Arte, este ano dedicado a lembrar a figura de Luis Seoane. O evento contará coa participación dun importante grupo de artistas que darán ao visitante a oportunidade de admirar e mercar unha ampla variedade de obras dirixidas a todo tipo de público.

Ademais este ano, como novidade, incorpórase na casa da cultura o Mercado da Arte do Encontro de Brión. Espérase que teña unha boa acollida e continuidade nas próximas edicións

As obras, de diversos estilos e técnicas, teñen como obxectivo principal mostrar unha nova dimensión artística, producto da creación de destacados pintores do país, comprometida coa importancia do espectador.O acceso a Arte como dereito de todos. Unha antonimia á indiferencia, ao necesario de mostrar e transmitir emocións coa pretensión de consolidar a arte como algo inherente á vida.

O Mercado do Encontro coa Arte en Brión agárdate na casa da cultura, non dubides en visitalo nas datas 3, 4 e 5 de xuño